Alejandro Menéndez colle a remuda de Cristóbal Parralo
O técnico asturiano pasou polo Celta B en dúas etapas
Racing de Santander e Albacete foron os seus últimos equipos na Segunda División
O asturiano Alejandro Menéndez (1966) substitúe a Cristóbal Parralo á fronte do banco do Racing. O equipo ferrolán aposta pola experiencia dun adestrador que xa estivo traballando durante catro anos, en dúas etapas, na canteira do Real Club Celta.
Menéndez iniciouse no fútbol de formación. Pasou pola canteira do Sporting e pola do Real Madrid antes de chegar ao Celta en 2007 para facerse cargo do filial. Alí estivo dúas temporadas, cunha pequena incursión no primeiro equipo na 07-08 para rematar unha temporada caótica no Celta en que houbo catro adestradores.
Volveu ao Real Madrid para preparar o filial e deu o salto á Segunda no Racing de Santander (12-13) pero non puido evitar o descenso á Segunda B. Despois viría a exótica aventura no Buriram de Tailandia, co que o gañou absolutamente todo no 2013 e 2014. De regreso ao Celta B (15-17), xogou unha fase de ascenso á Segunda A. Burgos (2.ª B) e Albacete, onde tampouco puido evitar o descenso da Segunda A, foron os dous últimos proxectos en España cun paso polo fútbol da India.