Cargando resultados...
Alerta ante o incremento das estafas nas reservas de pisos para estudantes a través de Internet
Os presuntos estafadores poñen un anuncio ficticio en que ofertan unha vivenda de calidade

G24.gal
19/06/2023 13:55
Estanse producindo tanto en Santiago como nas vilas limítrofes, segundo confirman dende a Garda Civil. O modus operandi é sempre igual.
Os presuntos estafadores poñen un anuncio ficticio en que ofertan unha vivenda de calidade, ben situada e cun prezo moi económico.
O interesado paga unha fianza, moitas veces a través de Bizum, por un piso que en realidade non existe. Cando chega o momento de visitar a vivenda é imposible contactar.
Os expertos recomendan non pagar nunca antes de visitar o inmoble e comprobar que están a tratar cos donos do mesmo, para evitar ser vítima deste calote.