Unha muller francesa perde máis de 800.000 euros ao caer no calote do falso Brad Pitt
Este método é cada vez máis empregado por ciberdelincuentes para conseguir cartos das súas vítimas
Só en setembro a Garda Civil detivo 5 persoas en España que o empregaban
Unha muller francesa perde máis de 800.000 euros ao caer no calote do falso Brad Pitt e pensar que tiña unha relación sentimental co actor norteamericano, motivo polo que os estafadores lograron gañarse a súa confianza utilizando ferramentas de intelixencia artificial.
A estafa do falso Brad Pitt é o método que utilizan cada vez máis ciberdelincuentes para conseguir cartos das súas vítimas e, neste último caso, deixu case na ruína á muller, que doou 830.000 euros supostamente para que o actor puidese operarse dun cancro, alegando que tiña bloqueadas as contas dende o divorcio con Angelina Jolie.
No momento que comezou a fictia relación co actor, a vítima pasaba por un momento difícil, polo que era un obxectivo vulnerable e accesible.
"Calquera cousa deste tipo que en calquera outro momento da nosa vida saltaríanos a defensa de dicir, ui alarmar, isto faime desconfiar, pois cando temos as defensas esgotadas é máis fácil que eses mecanismos de alarma non nos salten e polo tanto que confiemos onde non debemos", explica Carme González Hermo, Vicesecretaria do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Este calote tamén chegou a España e só en setembro a Garda Civil detivo 5 persoas e hai outras 10 que están sendo investigadas. As vítimas non son escollidas ao chou, os delincuentes rebuscan nas redes sociais.
"O que se recibe ás veces é burlas ou pensar que isto só che pasa a ti por parva, pero non é así, pasouche a ti porque os estafadores traballan moito", sentenciou a vicesecretaria.