Cargando resultados...
Amancio Ortega, fundador de Inditex, mantense como a primeira fortuna de España, con 67.000 millóns de euros
Amancio Ortega, fundador de Inditex, mantense como a primeira fortuna de España, con 67.000 millóns de euros

G24.gal
02/11/2021 09:41
Amancio Ortega, fundador de Inditex, mantense como primeira fortuna de España, cun patrimonio de 67.000 millóns de euros, 10.000 máis que o ano pasado. A súa filla Sandra ocupa o segundo posto e o presidente de Ferrovial Rafael del Pino, o terceiro.
Dáse a circunstancia de que esta semana Ortega ampliou a súa fortuna ao ingresar o martes 646,8 millóns de euros pola segunda e última retribución do exercicio que aboará Inditex aos seus accionistas. Ao longo deste 2021 ingresou un total de 1.293,6 millóns de euros.