Amazon eleva ata 18.000 os empregados que despedirá
Son 8.000 máis dos anunciados inicialmente pola compañia estadounidense

Amazon despedirá finalmente máis de 18.000 empregados, unha cifra récord, resultado de sumar os 10.000 anunciados o pasado novembro e os que o farán nas próximas semanas, segundo informou este xoves a compañía de comercio electrónico estadounidense.
Segundo unha nota interna enviada aos traballadores polo conselleiro delegado da empresa, Andy Jassy, a decisión foi particularmente difícil, debido á incerteza económica e ao elevado número de contratos feitos nos últimos anos.
"En novembro comunicamos a difícil decisión de eliminar varios postos nos nosos negocios de dispositivos e libros, e tamén anunciamos unha oferta de redución voluntaria para algúns empregados na área de Persoas, Experiencia e Tecnoloxía", lembra Jessy, que engade que nese momento xa dixo que se esperaban máis reducións.
A maioría das saídas anunciadas hoxe centraranse nesta última división e nas tendas de Amazon, engade.