Ana Peleteiro queda lonxe das medallas no Mundial en pista cuberta
Acabou no oitavo posto, a 29 centímetros das medallas
O ouro foi para a súa compañeira de adestramentos Yulimar Rojas que bateu a mellor marca mundial con 15.74

A ribeirense Ana Peleteiro non puido repetir a medalla acadada en 2018 no Campionato do Mundo en Pista Cuberta. Acabou no sétimo posto, lonxe das marcas que deron os metais.
O mellor salto de Peleteiro foi o primeiro, cunha marca de 14.30 e co que se poñía na cuarta posición. No segundo baixou ata os 14.08 e no cuarto estivo preto pero non superou ese chimpo inicial. Polo medio un par de nulos mentras vía como o resto de rivais ían mellorando a súa marca.

A proba foi dominada por Yulimar Rojas. A campioa olímpica comezou cun salto excepcional de 15.19, moi por riba do resto de competidoras e culminouno cun estratosférico 15.74 no sexto intento (mellor marca mundial de todos os tempos). O podio completárono a ucraína Bekh Romanchuk cun último salto de 14.74 e a xamaicana Kimberly Williams que superou a marca de Ana Peleteiro en 29 centímetros.
