Cargando resultados...
Aparece o cadáver dun home no río Lérez
Un particular avistou o cadáver flotando e avisou a emerxencias
As primeiras informacións apuntan a que se trata dunha persoa de idade avanzada

G24.gal
26/10/2023 17:29
Última actualización 26/10/2023 21:04
Un particular avistou o corpo dun home flotando en augas do río Lérez, á altura da ponte dos Tirantes, na tarde deste xoves.
As forzas de seguridade desprazáronse ata o lugar e os bombeiros rescataron o cadáver. As primeiras informacións apuntan a que se trata dunha persoa de idade avanzada pero non transcendeu ningún dato máis. Non levaba documentación nin presentaba sinais de violencia.
A pollicía abriu unha investigación para averiguar a súa identidade e as causas da morte.