Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquivada a denuncia de Aída Nízar contra Íñigo Errejón por abuso sexual e vexacións

Arquivada a denuncia de Aída Nízar contra Íñigo Errejón por abuso sexual e vexacións

O Xulgado de Instrución número 11 de Barcelona considera o caso "prescrito" e dá por extinguida a responsabilidade penal do exdeputado de Sumar

Arquivo / Europa Press Arquivo / Europa Press
G24.gal 16/12/2024 12:10

O Xulgado de Instrución número 11 de Barcelona arquivou dilixencias contra o exdeputado de Sumar, Íñigo Errejón, denunciado pola colaboradora de televisión Aída Nízar por presunto abuso sexual.

O maxistrado considera que o delito de abuso sexual e a falta de vexacións inxustas prescribiron, polo que dá por extinguida a responsabilidade penal do acusado.

Aída Nízar interpuxo unha denuncia o 29 de outubro de 2024, relatando que Errejón abusou dela o 24 de maio de 2015 nun acto en Madrid, aínda que logo precisou que o acto foi en Barcelona.

O xulgado abriu dilixencias por posible delito de abuso sexual e falta de vexacións inxustas debido a que rexe o principio de retroactividade favorable ao reo e débeselle aplicar a lei máis favorable. Os feitos prescriben nun máximo de 5 anos, e neste caso pasaron máis de nove.

Iñigo Errejón segue investigado por un xulgado madrileño por presunta agresión sexual á actriz Elisa Mouliaá. Está citado a declarar o próximo 16 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade