Cargando resultados...
Arquivan a causa contra as persoas que tomaron Meirás para pedir a súa devolución
O arquivo da causa pode ser recorrido pola familia Franco

G24.gal
09/11/2021 18:43
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos acordou o sobresemento provisional e arquivo da causa contra os activistas denunciados polos herdeiros de Franco por unha protesta celebrada en 2017 na o Pazo de Meirás durante a que accederon ao inmoble para reclamar a súa devolución á sociedade.
Durante a protesta, un grupo de activistas nacionalistas irromperon no recinto e despregaron unha pancarta. O arquivo da causa é provisional e pode ser recorrida pola familia Franco. O Tribunal Supremo xa arquivara tamén as actuacións contra o deputado do BNG, Néstor Rego, que tamén participara no acto.