Publicador de contidos

Publicador de contidos

As baixas condicionan o partido do Celta en Mestalla

As baixas condicionan o partido do Celta en Mestalla

Marcos Alonso e Hugo Álvarez engádense á lista de ausentes despois de veren o quinto cartón amarelo

Aspas e Alfon están na parte final da recuperación pero teñen moi complicado chegar á cita

G24.gal 29/01/2025 07:23

O Celta afrontará o vindeiro partido da Liga no campo de Mestalla cun problema moi importante de efectivos. Iago Aspas e Alfon están na parte final da recuperación dos seus problemas musculares, pero semella que incluílos na lista para xogar o partido sería moi precipitado e podería dar lugar a recaídas que ninguén quere. 

No capítulo de sancionados Òscar Mingueza cumprirá o segundo partido de sanción. Xa perdeu o enfrontamento co Alavés e terá que agardar unha semana máis para estar co resto de compañeiros. Á súa baixa engádense outras dúas de grande importancia. Cos cartóns que viron en Mendizorrotza Marcos Alonso e Hugo Álvarez tampouco estarán na lista de convocados, co que Claudio perde outros dous teóricos titulares para ese partido. 

Carlos Domínguez ou Javi Rodríguez poderían ter un sitio no centro da defensa. As dúas bandas son as máis castigadas sen Mingueza e Álvarez, co que Carreira, Cervi ou Ristic deberían disputar por dous postos. E na dianteira, o substituto de Aspas será unha incógnita. Os bos minutos en Vitoria poderían darlle a remuda a Williot, aínda que Fer López tamén tería opcións cada vez máis recuperado da lesión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos