Cargando resultados...
As carabelas portuguesas chegan a San Cibrao, en Cervo
Estes cnidarios, de picadura perigosa, son parentes das anemones e non das augamares

G24.gal
18/08/2023 18:11
Última actualización 18/08/2023 21:21
O persoal do GES retirou ás nove da mañá un novo grupo de carabelas portuguesas entre o cabo de San Cibrao e a Insuela, na Mariña.
Emerxencias da zona permanece en alerta ante a chegada dos cnidarios, parentes das anemones e non das augamares, cunha picadura moi perigosa. Mesmo prohibiron o baño esta semana en praias de Foz e Barreiros.
De velas, avisen axiña a emerxencias e, sobre todo: non as toquen.