Publicador de contidos

Publicador de contidos

As cebolas encarecen máis dun 600 % dende que saen da terra e chegan á mesa

As cebolas encarecen máis dun 600 % dende que saen da terra e chegan á mesa

O último índice de prezos en orixe e destino confirma as diferenzas entre o que cobra o agricultor e o que paga o consumidor final

Cebolas, allos e laranxas son os produtos que máis acusan esa diferenza

Cantos máis intermediarios, máis diferenza de prezo entre que gaña o produtor e o que paga o consumidor
G24.gal 12/12/2024 10:25 Última actualización 12/12/2024 11:07

O índice de prezos en orixe e destino do mes de novembro confirma que a diferenza entre o que cobran os agricultores e o que pagan os consumidores segue a ser enorme. Por exemplo, chegamos a pagar por un quilo de allos ata seis euros máis do que cobra o produtor. 

"O que menos traballa é o que gaña os cartos, e o que está traballando todos os días e o que pon o produto... a min paréceme mal, moi mal".

 "É unha auténtica vergoña, pero sempre o estamos dicindo, pero segue, segue, segue e non se fai nada", comentan dúas clientas dunha froitería.

A maior diferenza de prezo atopámola nas cebolas, allos e laranxas. Todos chegan á cesta da compra tras pasar por moitas mans, unhas que seleccionan, outras lavan, clasifican, envasan, almacenan e distribúen. Todas esas mans pagan impostos e teñen a súa marxe de beneficio. En todos os procesos hai un desperdicio que tamén repercute no prezo final.

 "Non todo, pero si temos que ir repartindo entre todos un pouco esa perda, porque se non sería inviable", explica Ramón Abascal, propietario dunha froitería.

 "Moito vai quedando no camiño, cando chegas a isto que se pode vender aí pode ser esa diferenza", sentencia Graciela Sueiro, dependenta de froitería.

Ás veces desbótase moita froita, non porque estea estragada, senón porque non é tan perfecta como quere o consumidor. Esas perdas tamén teñen un custo.

"Cando queremos que toda esa cebola sexa do mesmo tamaño, toda sexa igual, que toda sexa bonita e impecable, hai que descartar moita cebola", continúa Ramón.

Ata que punto somos tamén responsables os consumidores?

"Ás veces poñen a vender mazás de por aquí da zona e, claro, se as probas están riquísimas, pero non a compras, vas á mazá que estea máis bonita e págala ao mellor dúas veces máis, pero somos así", conclúe unha clienta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade