As celebracións de Samaín, cada vez máis de moda, disparan as vendas de cabazas
Coa chegada de outubro as cabazas convértense nas grandes protagonistas das froiterías
O produtores de cabaza viven un dos momentos máis agardados do ano coas vendas para Samaín
Vémolas por todas partes. A cabaza típica de Samaín é distinta á que consumimos o resto do ano. Trátase dunha especie singular pola súa forma, o seu tamaño e a cor intensa tan característica.
Os produtores de cabaza viven un dos momentos máis agardados do ano coas vendas para Samaín. A demanda multiplícase nas froiterías.
Xa son elementos esenciais para a celebración do Samaín. Os colexios énchense estes días de cabazas que desbordan imaxinación e creatividade, hainas de todo tipo, formas e cores.
Cada vez se venden máis para decorar as casas e as festas particulares e moitos comercios e negocios que tamén se suman a esta tendencia.
O impacto de Samaín na venda de cabazas increméntase cada ano.