Cargando resultados...
Os comercios adiantan cada vez máis a campaña do Samaín
Esta festa segue crecendo en popularidade e consolidándose como unha das festividades preferidas tanto entre nenos como adultos
Algúns establecementos empezaron a preparar esta festa en agosto, e xa a están a mudar polo Nadal
G24.gal
26/10/2024 15:30
Achégase unha das datas marcadas no calendario galego: a festa do Samaín. Unha celebración que nos últimos anos se está a converter tamén nun reclamo comercial. De feito, en vilas e cidades de toda Galicia tendas e comercios levan semanas, e mesmo nalgúns casos meses, lucindo nos seus escaparates produtos do máis terrorífico.