Publicador de contidos

Publicador de contidos

As gasolineiras galegas piden que se rebaixe o IVE dos hidrocarburos

As gasolineiras galegas piden que se rebaixe o IVE dos hidrocarburos

Desde a Federación Galega de Estacións de Servizo seguen reclamando máis facilidades para o sector que, din, está nunha situación económica límite

G24.gal 24/06/2022 14:27

As gasolineiras galegas volven advertir de problemas para cobrar as bonificacións. Din que algunhas sofren atrasos de máis de 20 días. Menos dunha semana antes de que rematen as axudas, poñen sobre a mesa unha nova demanda. 

Desde as gasolineiras galegas queren saber como deben enfrontarse ás novas medidas. Sobre a bonificación dos vinte céntimos por litro de carburante, denuncian que moitos profesionais reciben, con ata vinte días de atraso, esa compensación económica que antes teñen que adiantar eles.

Sete de cada dez gasolineiras de Galicia solicitan, para os carburantes, unha rebaixa do IVE similar á que anuncia o Executivo que se levará a cabo na electricidade. Queren tamén unha baixada de cinco céntimos de euro no imposto de hidrocarburos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade