As mellores festas, festivais e concertos da fin de semana en Galicia
O Festival de Ortigueira, a segunda parte do Gozo Festival e as festas do Carme en vilas como Marín, O Grove ou Rianxo, protagonistas da segunda fin de semana de xullo

Festas tradicionais:
● Virxe do Carme en Marín: a batalla das flores, grandes verbenas, concertos, fogos de artificio e moito máis nas grandes festas da localidade.
● Festas do Carme no Grove: verbenas, atraccións, festa da espuma, misas e atraccións ata o 16 de xullo.
● Festas do Carme en Rianxo: misa, música e moito máis na festa da patroa dos mariñeiros.
● Feira do Viño do Rosal: catas, música, pasarúas, maxia e incluso un escape room enolóxico entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo.
● Ribadeo Indiano: festa de época na que a vila é transportada aos inicios do século XX para recrear un modo de vida influenciado polas tradicións e modas traídas de América.
● San Cristovo de Carnés: esta parroquia de Vimianzo acollerá procesións, verbenas, picadiscos, gastronomía e moita diversión ata este sábado 13 de xullo.
● San Cristovo en Negreira: verbenas, picadiscos, festa da espuma, inchables e degustación gratuíta de xamón asado entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo.
● Feira Outrora de Rubián: a tradicional feira de artesanía do Concello de Bóveda celebra a súa vixésima edición este domingo.
● Feira Franca Betanzos dos Cabaleiros: a histórica cidade volve á Idade Media entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo.
● Festa do Polbo de Mugardos: a oportunidade perfecta para degustar o polbo á mugardesa dáse este sábado.
● Vigo Seafest: festa gastronómica con catorce postos de cociña de autor, talleres e actividades para toda a familia e acompañada dunha ampla oferta musical entre o xoves e o domingo.
● Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño: festa gastronómica en Ames este domingo.
Festivais e concertos:
● Festival de Ortigueira: ata 26 bandas de todos os países e rexións de tradición celta reúnense nun dos eventos da semana, entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo:
- Fillas de Cassandra, Dervish, Green Lads, Scottish Fish, Böj, Capercaillie, Ailá e moitos máis.
● Gozo Festival-BBF: a parte dedicada á música electrónica do festival. Este sábado en Santiago de Compostela.
- Marshmello, Armin Van Buuren, Hardwell, Claptone, Fedde Le Grand, Korolova, Timmy Trumpet e máis artistas.
● Atlantic Pride: o Festival do Orgullo LGTBQ+ na Coruña, que comezou o pasado domingo estendese ata este domingo 14 de xullo.
- Nena Daconte, Luna Ki, Nebulosa, Chanel, Venga Boys, Rosa López, Mondra, Amoebo, Las Ketchup e máis artistas.
● Afluente Festival: festival en Ponteareas o venres 12 e o sábado 13 de xullo:
- Baiuca, Boikot, Carlangas y los Cubatas, Shego, Tremenda Jauría, Mondra, Galician Army, Grande Amore, _Juno e máis artistas.
● Festival Ribeiro Son de Viño: música, gastronomía e viño únense no Grove o 13 de xullo.
- The Rapants, Álex Ferreira, Calequi y las Panteras, The Limboos, e B. Willish DJ.
● Dani Fernández: o sábado 13 en Vigo no Parque de Castrelos.
● Juan Luis Guerra e Gilberto Santa Rosa: o sábado 13 no Coliseum da Coruña.
● Robe Iniesta: sábado 13 de xullo na Coruña como parte do ciclo Coruña Sounds.
● Café Quijano: sábado 13 de xullo nas festas do Carme de Marín.
● Iván Ferreiro: sábado 13 de xuño en Noia.