Cargando resultados...
As probas de ADN confirman que os restos achados en Toledo son do neno Ángel
O corpo do rapaz de 11 anos apareceu no mesmo lugar que o do seu curmán poucos días antes

G24.gal
16/01/2023 17:15
Última actualización 16/01/2023 20:01
As probas de ADN confirmaron o que xa practicamente se daba por feito dende hai uns días: os restos aparecidos no vertedoiro de Toledo pertencen ao neno desaparecido.
O pequeno Ángel, de 11 anos, desapareceu xunto ao seu curmán o 10 de decembro. O seu camiño rematou en Toledo e os seus corpos acabaron nun contedor de lixo.
A Policía continúa traballando para atopar o resto do corpo do pequeno e para esclarecer as causas e circunstancias da morte dos nenos.