As queimas agrícolas volven estar reactivadas desde este martes
A Xunta lembra que o permiso deixará de ter validez os días que rexistren forte vento ou altas temperaturas

As queimas de restos agrícolas en Galicia poden volver realizarse desde este martes, xornada na que se abre de novo a xanela para comunicar estas accións e na que xa poderán levalas a cabo aqueles particulares con permiso vixente antes de que se decretase a prohibición o pasado 21 de marzo.
Diso informou a Consellería do Medio Rural este martes a través dun comunicado no que explica que xa poden pedirse novos permisos na web habilitada e a través do teléfono 012. As persoas que pidan autorización nesta nova xanela poderán levalas a cabo a partir do xoves para cumprir coa normativa que establece un prazo de dous días entre comunicación e queima. A Xunta lembra que o permiso deixará de ter validez os días que rexistren forte vento ou altas temperaturas.