Cargando resultados...
As tropas españolas desprazadas en Letonia reciben a visita do presidente Sánchez
Tras o último reforzo hai 500 militares en misión da OTAN

G24.gal
08/03/2022 20:08
Os 500 militares españois na base Adazi en Letonia, a uns cen quilómetros da fronteira rusa, recibiron este martes a visita do presidente Sánchez. Forman parte dos efectivos da OTAN en misión de disuasión ante unha hipotética agresión rusa aos países bálticos.
Esta forza, o Battle Group, está comandada polo Canadá e o seu primeiro ministro Justin Trudeau tamén se desprazou ata a base canda o secretario xeral da Alianza Atlántica, Stoltenberg e o presidente español.