Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vítimas do Alvia reviven o accidente e narran as secuelas físicas e psicolóxicas que lles deixou

As vítimas do Alvia reviven o accidente e narran as secuelas físicas e psicolóxicas que lles deixou

Primeiras declaracións na fase civil do xuízo que fixará as indemnizacións

Vítimas e familiares reclaman 58 millóns de euros

G24.gal 14/02/2023 19:10 Última actualización 14/02/2023 19:55

Primeira sesión da fase civil do xuízo do Alvia. É a hora de escoitar as vítimas. Un momento doloroso en que deben revivir o fatal accidente.  

"Recibes golpes como proxectís. Golpéante maletas, persoas, ferros, cristais. Chega un momento en que pides que sexa xa o último e que te deixe no lugar", explicaba un dos sobreviventes.

Outra vítimas explicou emocionada como viu baixar na última parada unha parella de anciáns e subir unha nai cun neno pequeno que sentaron canda ela. 

"Só lembro o berro atronador desa nai chamando o seu fillo e despois todo quedou escuro".

Pouco antes, ao saír do túnel, algúns xa notaron que algo non ía ben.

"Dixenlle ao meu home, esa maleta vai caer, e o tren descarrilou", asegura unha muller.

"Díxenlle ao meu veciño de asento, isto descarrila. E díxome, imposible, é Renfe".

E escoitamos varios sobreviventes narrar as secuelas físicas e psicolóxicas e as limitacións profesionais que lles deixou o accidente.

"Subín a un tren con 35 anos, chea de enerxía e vitalidade e baixei convertida nunha persoa enferma", explicaba unha muller.

"Estou nunha oficina atendendo particulares cando eu o que facía era estar na rúa xestionando e visitando empresas", conta outra.

"Cada vez que subo a un transporte público o primeiro que fago é buscar onde hai unha saída de emerxencia", un pánico a viaxar no que coincidiron varias testemuñas.

Esta  fase do xuízo ten por obxecto fixar as indemnizacións. En conxunto, vítimas e familiares reclaman preto de 58 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade