Atopan con vida un montañeiro leonés que se perdeu hai catro días nos Picos de Europa
Un helicóptero medicalizado evacuou o mozo ata o hospital

Unha aeronave das que participa no operativo de busca atopa con vida o montañeiro leonés desaparecido nos Picos de Europa a comezos da semana.
O mozo, de 23 anos, estaba no macizo central da cordilleira, no lugar coñecido como Jou dos Boches. Un helicóptero medicalizado evacuouno ata o hospital.
Os servizos de emerxencias do Principado e Cantabria buscaban o mozo desde o pasado mércores, 25 de decembro, cando o seu irmán avisou o 112 de que non tiña noticias del desde o luns 23.
Tras dous días sen localizalo, o dispositivo renovouse este venres á primeira hora da mañá coa participación de efectivos de GREIM da Garda Civil de Asturias e Cantabria, así como integrantes dos servizos de emerxencias que, ademais de por terra, rastrexaron a cordilleira por aire con drons e helicópteros.