Cargando resultados...
Atopan o cadáver dun bebé nun centro de residuos de Cáceres
Crese que o meniño puido nacer nas últimas horas

G24.gal
05/02/2024 20:39
Atopan o corpo sen vida dun bebé nunha cinta transportadora do centro de residuos do ecoparque da localidade cacereña de Mirabel.
O achado do cadáver produciuse este luns á tarde.
O corpo foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Cáceres para a realización da autopsia.
A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Cáceres fíxose cargo da investigación dos feitos.