Cargando resultados...
Atopan restos óseos no antigo Hotel Praia América de Nigrán
Durante unhas obras localizaron unha caveira e outros restos óseos humanos

G24.gal
05/11/2023 22:00
Atoparon restos humanos baixo o edificio de Nigrán durante unhas obras. Uns operarios que estaban facendo un oco para instalar un ascensor no antigo Hotel Praia América alertaron do achado.
Había unha caveira e, aparentemente, outros restos óseos humanos. O edificio foi construído hai uns noventa anos e inicialmente estivo destinado a centro social, despois a un hotel e na actualidade ten un uso residencial. A Garda Civil fíxose cargo da investigación.