Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a aparición dun cadáver en Redondela dentro dun coche calcinado

Investigan a aparición dun cadáver en Redondela dentro dun coche calcinado

O vehículo apareceu queimado nunha zona de monte da parroquia de Trasmañó

G24.gal 18/01/2025 11:30

Un home de sesenta anos, natural de Vigo, apareceu este sábado carbonizado no seu vehículo, que tamén ardeu. Foi nunha pista de terra na parroquia de Cabeiro, no límite con Trasmañó, en Redondela.

Axentes de criminalística da Policía Nacional e a brigada de Homicidios investigan para esclarecer os feitos e arestora non descartan ningunha hipótese. A autopsia preliminar determinará se o varón faleceu a causa do lume ou se xa estaba morto antes de que se propagaran as lapas.  

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Porriño, do distrito forestal e tamén da Policía Local de Redondela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade