Cargando resultados...
Alugueiro de piscinas particulares por horas: "Un baño, unha barbacoa e unha reunión de amigos"
Cada propietario escolle as condicións e os servizos que ofrece xunto coa piscina
G24.gal
26/06/2023 14:38
Coa suba das temperaturas, mergullarse na auga fresca semella máis apetecible. Aumentan en Galicia os propietarios que alugan as súas piscinas por xornadas ou por horas a través de plataformas en liña.
Jesús levaba anos alugando a súa casa, agora tamén ofrece a posibilidade de reservar só a piscina co xardín. Son moitas as posibilidades dunha nova tendencia de alugueiro que medra tamén en Galicia.
Cada propietario escolle as condicións e os servizos que ofrece xunto coa piscina. De media páganse cinco euros por persoa e hora de uso.
Polo momento, en Galicia só hai doce piscinas na plataforma máis popular para estes alugueiros, pero aseguran que están en auxe.