Aznar, positivo por covid-19, intervirá no XX congreso extraordinario do PP por videoconferencia
A intervención de Aznar está prevista ás 17:30 horas, no marco dunha homenaxe á refundación do Partido Popular hai 32 anos

O expresidente do Goberno José María Aznar deu positivo en covid-19 e non poderá asistir de forma presencial ao XX congreso extraordinario do PP que arrinca este venres en Sevilla. Fará a súa intervención no conclave por videoconferencia.
O presidente do Comité Organizador do Congreso, Esteban González Pons, informou de que o ex xefe do Executivo contaxiouse de coronavirus.
"Acábame de comunicar o presidente Aznar que deu positivo en covid", asegurou nunha mensaxe na súa conta oficial de Twitter.
Me acaba de comunicar el presidente Aznar que ha dado positivo en covid. Es asintomático y se encuentra bien, aunque por prudencia no podrá asistir a la sesión de esta tarde. Intervendrá por videoconferencia. Aznar é " asintomático e atópase ben", segundo sinalou Pons, que engadiu que "por prudencia" o expresidente do Goberno "non poderá asistir á sesión desta tarde" e "intervirá por videoconferencia".
— González Pons (@gonzalezpons) April 1, 2022
A intervención de Aznar está prevista ás 17:30 horas, no marco dunha homenaxe á refundación do Partido Popular hai 32 anos. Despois, tomará a palabra o expresidente Mariano Rajoy e pouco despois será a quenda do aínda presidente do PP, Pablo Casado, que ofrecerá un discurso de despedida.
O ramo final á xornada poñerao Alberto Núñez Feijóo coa presentación do seu proxecto político e os 35 membros do Comité Executivo.