Balaídos acollerá o partido entre Galicia e Panamá
Galicia xogou o seu último partido o 20 de maio de 2016 contra Venezuela en Riazor

Balaídos será o estadio que acolla o partido que disputarán Galicia e Panamá o próximo 31 de maio, informou este xoves a Federación Galega de Fútbol, organizadora do encontro.
Diego Martínez, exadestrador de Granada, Español e Olympiacos, foi o técnico elixido para dirixir á Irmandiña oito anos despois, nun partido amigable que lle enfrontará ao combinado dirixido polo exfutbolista do F. C. Barcelona Thomas Christiansen.
Galicia xogou o seu último partido o 20 de maio de 2016 contra Venezuela en Riazor. Con máis de 18.000 afeccionados nas bancadas, o equipo dirixido por Michel Salgado e Fran González igualou a un tanto co combinado vinotinto.
O rival nesta ocasión será Panamá, que se atopa preparando a segunda fase das eliminatorias de CONCACAF, na que buscará un billete para o Mundial 2026, que se celebrará conxuntamente nos EUA, México e O Canadá.