Cargando resultados...
Bárcenas logra a semiliberdade tras seis anos en prisión
O xuíz de vixilancia penitenciaria concedeulle o segundo grao flexible

G24.gal
21/12/2022 08:35
O extesoureiro do PP Luis Bárcenas sairá de prisión para gozar dun réxime de semiliberdade nun centro de inserción social. Cumpriu 6 dos 29 anos aos que foi condenado polo caso Gürtel, nos que gozou de 18 permisos.
O xuíz de vixilancia penitenciaria concedeulle o segundo grao flexible. A fiscalía aínda pode recorrer esta decisión xudicial. Bárcenas poderá traballar fóra de prisión e só volverá ao centro de integración social para durmir.