Cargando resultados...
Barreras presenta concurso de acredores
O estaleiro pide que antes da liquidación se vendan as instalacións

G24.gal
13/01/2022 11:44
O estaleiro vigués Barreras presentou esta mañá a solicitude de concurso voluntario de acredores no xulgado do mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo.
Na documentación presentada solicítase que, con carácter previo á fase de liquidación, se proceda á venda da unidade produtiva, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A maxistrada emitirá un auto nos próximos días sobre a admisión a trámite do concurso en que aclarará se se cumpren os requisitos para a súa declaración.