Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan con drons un mozo de 18 anos desaparecido en Silleda

Buscan con drons un mozo de 18 anos desaparecido en Silleda

Alex Wang, que así se chama o rapaz, foi visto por última vez ás 8 da mañá de onte cando saía da súa casa de Carballeda, na parroquia de Taboada

O Concello solicitou que calquera que poida dar algunha indicación sobre o seu paradoiro se poña en contacto coa Policía Local de Silleda a través do número 660661723

G24.gal 13/01/2025 09:25 Última actualización 13/01/2025 14:57

Un rapaz de 18 anos permanece desaparecido no municipio pontevedrés de Silleda desde este domingo á mañá, segundo informou o Concello de Silleda.

Alex Wang, que así se chama o rapaz, foi visto por última vez ás 8 da mañá de onte cando saía da súa casa de Carballeda, na parroquia de Taboada.

Wang, de complexión delgada, que mide 1,61 metros, deixaba unha mensaxe de despedida aos seus amigos nas súas redes sociais. O desaparecido cursaba os seus estudos en México, a onde tiña que regresar o 15 deste mes.

A mensaxe desoladora de Álex que se espallou entre os amigos coa rapidez dun regueiro de pólvora. 

"Queremos saber onde está. Non temos moitas explicacións nin datos. Para nós é un pouco difícil. Nunca nos deu indicios de nada. Só queremos atopalo, falar con el e que volva", lamenta unha amiga.

"Os rapaces coñéceno e a esperanza é o último que se perde pero si hai moita tristura", sentenza Pili, unha traballadora do concello, coordinadora dun dos grupos de busca.

O operativo de busca despregouse dende Ponte Taboada, o lugar onde se perdeu o sinal do seu móbil.

"Un amigo de México tiña un sistema de rastrexo porque compartían as localizacións e nos reenviou dende alá a última que ten cobertura. O móbil agora non ten cobertura. Si ten acceso a WhatsApp polo tanto aínda pode estar nalgún punto, non sabemos que pode estar pasando", explica Paula Fernández, alcaldesa de Silleda.

A mobilización é amplísima: Garda Civil, Protección Civil, Policía Local, traballadores do Concello e os amigos. Compañeiros do fútbol, de estudos e de festa que arroupan os pais. Distribuídos por zonas e por grupos, peitean cada metro, cada recuncho.

"O percorrido que fixemos foi dende a estación á casa de Álex e paramos nos grupos de casas onde hai casas abandonadas e entramos a mirar se podía estar agochado, por se entrou para pasar a noite", sinala Pili. 

Drons e cans da Axega rastrexan o río, un punto crítico.

"É un punto que hai que mirar", aclara a alcaldesa.

A estas horas, todas as hipóteses están abertas. Saben que cada hora conta.

Búsqueda con drons

O equipo de drons da AXEGA colabora coa Garda Civil na procura do mozo de 18 anos desaparecido en Silleda desde este domingo.

Segundo informou o 112, o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias desprazouse este domingo ata o municipio para colaborar nos labores de rastrexo. O 112 Galicia tivo coñecemento da falta do mozo pouco despois das 16:30 horas, despois de que informasen uns familiares.

Nesta intervención tamén participan o GES de Lalín, a Garda Civil, a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces, con resultado negativo ata o momento.

Este domingo, o Concello de Silleda informaba a través das súas redes sociais da desaparición de Alex Wang, de 18 anos e de complexión delgada. Por iso, o Concello solicitou que calquera que poida dar algunha indicación sobre o seu paradoiro se poña en contacto coa Policía Local de Silleda a través do número 660661723.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade