Cargando resultados...
Buscan un home de 68 anos desaparecido en Vilamartín de Valdeorras
Mide un metro 75 centímetros, é delgado e ten o pelo e os ollos castaños

G24.gal
24/07/2023 20:34
Última actualización 24/07/2023 20:43
Buscan un home de 68 anos desaparecido en Vilamartín de Valdeorras.
Os familiares non saben nada de Anibal Kerpache dende hai dúas semanas.
Mide un metro 75 centímetros, é delgado, co pelo e os ollos castaños.
A última vez que o viron ía vestido con roupa e zapatos de traballo.
Non é a primeira vez que desaparece e piden a colaboración cidadá para atopalo.