Caballero non participa na comisión de estudo sobre o financiamento autonómico constituída no Parlamento de Galicia
Caballero non participa na comisión de estudo sobre o financiamento autonómico constituída no Parlamento de Galicia
É a primeira ausencia significativa despois de perder as primarias do PSdeG fronte a Valentín González Formoso

No Parlamento de Galicia quedou constituída este martes a comisión de estudo sobre o financiamento autonómico.
O obxectivo desta comisión especial, solicitada polo BNG e secundada polos grupos popular e socialista, é intentar consensuar unha postura de país con vistas á negociación dos criterios de repartición do financiamento das comunidades.
Gonzalo Caballero, actual voceiro parlamentario do PSdeG e profesor de Economía Aplicada, non participará nela. É a primeira ausencia significativa despois de perder as primarias do PSdeG fronte a Valentín González Formoso.