Cada vez máis persoas optan polos restaurantes no xantar de Reis
Grandes grupos familiares, nenos cos seus flamantes agasallos de Reis e moita gana de compartir mantel e conversa
O día de Reis é tamén unha das festividades familiares pon excelencia. Pero cada vez máis esas reunións de pais, fillos, avós, tíos e curmáns son en restaurantes.
Hoxe prevalentes as mesas numerosas, de moitos comensais que se reúnen para festexar. Grandes grupos familiares, nenos cos seus flamantes agasallos de Reis e moita gana de compartir mantel e conversa. O que antes facían na casa agora fóra, e a maioría das veces nun restaurante próximo e de confianza que constitúe unha garantía de se sentir case como na casa sen ter que pasar o enorme traballo de cociñar para moitos.
Tamén ocuparon hoxe as mesas de moitos, os grupos de amigos que non tiveron tempo de compartir en todas as vacacións de Nadal e que teñen neste xantar de reis a última oportunidade de poñerse ao día das vivencias e dos afectos antes de volver ás cidades onde traballan.
E cada vez máis persoas que entre os agasallos de reis aos seus nenos e nenas inclúen a experiencia gastronómica. Agasallar con alimentos a lume lento, con pratos que evocan os recendos da comida da avoa ou da madriña, os produtos do mar e da terra que forman parte da nosa cultura a transmitírllelos aos pequenos. Algo que cada vez máis persoas se deciden a regalar nun día coma hoxe.