Cambios nos horarios dos trens con Madrid polas obras na estación de Chamartín
En Lugo quedan sen unha das conexións á capital, no que é un novo recorte dos servizos ferroviarios da cidade
Renfe tivo que axustar horarios e tarifas, e o que se mantén é o número de prazas
Algúns viaxeiros acudían hoxe ao despacho de billetes para cambialos e informarse dos novos horarios. "O servizo que se está dando podese mellorar moitísimo", di unha usuaria.
En información é pouca a actividade que rexistra a estación. Nas plataformas nin viaxeiros nin trens, tampouco vemos xa nas pantallas as próximas chegadas ou saídas. Desde hoxe a cidade ten unha conexión menos, suprimiron a das 10:50 con Madrid. "Pois moi mal porque eu viaxo a Madrid de cada quince días", comenta unha das afectadas.
A cidade queda con tres conexións diarias á capital, todas cara a Ourense. "O peor é Lugo", comenta un viaxeiro.
Aquí tamén están a notar os cambios nos horarios, hoxe moitos chegaban con atraso aos seus destinos. "Prefería o outro horario", di unha viaxeira en Ourense.
Esta reestruturación débese ás obras na estación de Chamartín, e a situación será así polo menos ata xullo. "Se hai esas obras deberían acondicionar o tráfico ferroviario para que os usuarios non nos vexamos prexudicados", comenta un usuario.
Desde a plataforma Lugo non perdas o tren volverán saír á rúa para protestar pola perda de servizos.
"Adif e Renfe teñen que cumprir temos que ter trens a medida, xustos e a tempo", explica José Manuel Carballo da plataforma Lugo non perdas o tren.
O axuste de horarios veu acompañado dun axuste de prezos. Algúns viaxeiros advirten do encarecemeno dalgúns billetes. O que se mantén é o número de prazas.