Cargando resultados...
Carla Carrón logra dúas medallas de ouro nos campionatos de España de inverno
Carla Carrón logrou o éxito nos 400 e nos 800 metros
G24.gal
29/11/2021 16:42
Confírmase a progresión da nadadora galega Carla Carrón. A deportista de Arzúa, bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, conquistou dúas medallas de ouro nos campionatos de España de inverno en Palma de Mallorca. E todo iso en idade júnior.
Carla Carrón logrou o éxito nos 400 e nos 800 metros. Nesta modalidade superou a olímpica Jimena Pérez.