Carles Pérez cre que a sanción a Renato Tapia é inxusta e excesiva
Tamén falou das arbitraxes: "Os árbitros, ás veces, equivócanse, pero tamén pode ser que tiren un pouco máis polos de arriba que polos de abaixo"
O futbolista do Celta, Carles Pérez, pasou esta mañá por sala de prensa, onde lle preguntaron pola sanción ao seu compañeiro Renato Tapia -tres partidos- e deixou claro o apoio do vestiario e a súa desconformidade:
"Pensamos que é inxusta, tres partidos son demasiados, é excesivo pero pouco podemos facer no equipo".
En canto a se é un agravio comparativo con Vinicius, engadiu:
"Tivemos moitos partidos onde non nos deron o que tocaba darnos. Os árbitros, ás veces, equivócanse, pero tamén pode ser que tiren un pouco máis polos de arriba que polos de abaixo".
Precisamente, o árbitro VAR do partido ante o Valladolid será o que non pitou a pena máxima que o catalán reclamou fronte ao Español en Copa do Rei. E o principal será De Burgos, pero o céltico "pasa", non se fixa nas designacións, asegurou.