Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Carvalhal: "Coa nosa afección, o equipo pode crear moitas dificultades ao Sevilla"

Carlos Carvalhal: "Coa nosa afección, o equipo pode crear moitas dificultades ao Sevilla"

Sobre o mercado de xaneiro: "Luis Campos traballa profundamente, apostamos en conseguir o que desexamos"

Foto @RCCelta
G24.gal 29/12/2022 16:29 Última actualización 29/12/2022 16:40

O adestrador do Celta, Carlos Carvalhal, asegurou na previa de recibir o Sevilla en Balaídos que os seus xogadores están "preparados" a pesar de que recoñeceu que algúns arrastran molestias que non poñen en risco a súa presenza na convocatoria.

"Estamos ilusionados para o partido de mañá", sinala o preparador luso.

"Xogamos en Balaídos coa nosa afección e o día que comeza en centenario. Coa nosa afección, o equipo pode crear moitas dificultades ao Sevilla. O obxectivo son os tres puntos", salientou.

Pero o técnico non se fía en absoluto dun conxunto hispalense que chega a Vigo cargado de baixas:

"Cando miramos a posibilidade dun once contrario, vemos un equipo forte. Aí demóstrase a calidade dun persoal como a do Sevilla. Ten un bo once e ten responsabilidades na súa traxectoria", profundou.

Está convencido de que se verá a dous equipos que queren gañar e mostrar máis competencias que o rival.

"Imos estar preparados e esperemos dar un punto máis que o Sevilla", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade