Carlos David Prieto deixa de ser adestrador de Gómez Noya
Sepáranse despois de nove anos, en que o deportista galego conquistou tres dos seus cinco títulos de campión do mundo de distancia olímpica

Carlos David Prieto deixou de ser adestrador do triatleta Javier Gómez Noya, despois de nove anos nos que o deportista galego conquistou tres dos seus cinco títulos de campión do mundo de distancia olímpica, informaron a Efe fontes próximas ao preparador lucense.
Baixo a dirección de Prieto, que a partir de agora centrarase no seu posto de director deportivo da Federación Galega de Tríatlon, Gómez Noya tamén gañou o Mundial de longa da ITU 2019, que se disputou en Pontevedra. Tras non conseguir subirse ao podio nos Xogos Olímpicos de Tokio, o triatleta optou por dar o salto á longa distancia.
O pasado domingo gañou con autoridade o medio ironman 70.3 de Pucón (Chile), onde se estreou en competición oficial co seu novo adestrador, o neozelandés Dan Plews
Javi Gómez Noya: "Tivenen sensacións positivas. Contento por gañar unha carreira tan mítica e esixente".