Cargando resultados...
Carlos III agradécelles aos médicos o trato recibido na súa mensaxe de Nadal
O rei de Inglaterra lémbrase das vítimas dos conflitos e das oenegués que os axudan
O discurso gravouse por primeira vez en 18 anos fóra dunha residencia real

Antón Montero
25/12/2024 20:11
Última actualización 25/12/2024 20:18
Tamén o rei de Inglaterra pronunciou hoxe a súa tradicional mensaxe de Nadal. Carlos III lembrouse das vítimas dos conflitos en todo o mundo e tivo palabras de agradecemento para os médicos que este ano os trataron tanto a el como a súa nora, Kate Middleton, de cáncer.
Por primeira vez en 18 anos, a mensaxe non se gravou nunha propiedade real, senón na capela de Fitzrovia, unha xoia da arte neogótica.
Pola mañá, tanto o rei como a súa muller Camilla e os principes de Gales acudiron á tradicionan misa de Nadal na residencia de Sandrigham.