Cataluña chega ao ecuador da campaña co primeiro debate televisado entre os candidatos
Estivo moi centrado nos posibles pactos postelectorais e quedou patente o risco de bloqueo.
O grande ausente foi Puigdemont, substituído por mor da súa situación legal.
Foi un debate a oito, en RTVE, pero o foco estivo no candidato socialista Salvador Illa, favorito nas enquisas. El presentouse como gañador e disposto a intentar a investidura.
Preguntoulles ao resto se a bloquearán, e a resposta máis directa foi a de Junts. Non pactarán cos socialistas porque ven en Illa a negación do 1 de outubro. Eles apostan por reeditar un goberno independentista, pero Esquerra evitou pronunciarse sobre posibles pactos e repróchalle a Illa que xa se presente como gañador.
Tanto Esquerra como Junts están convencidos de que o PSOE acabará aceptando un referendo pactado. E tamén o cren no Partido Popular.
Con todo, a independencia e o procés tiveron menos protagonismo que en campañas anteriores.
No que si coincidiron case todos os partidos foi na necesidade de mellorar o financiamento para Cataluña, pero con fórmulas moi distintas.