Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas esixen a investigación do crime de Déborah Fernández antes de que prescriba o caso

Centos de persoas esixen a investigación do crime de Déborah Fernández antes de que prescriba o caso

Se non hai novidades, a investigación pechará o 30 de abril

G24.gal 28/12/2021 21:08

A familia de Déborah Fernández segue loitando para que se esclareza o crime. Esta tarde, en Vigo, convocaron unha concentración para reclamar xustiza. Celebrouse diante do Museo Marco de Vigo.

Convocada pola plataforma Feminismo Unitario Vigo, ten como lema "Xustiza para Déborah", para esixir, precisamente, xustiza e tamén investigación do asasinato antes de que prescriba e o crime quede impune. 

Á concentración tamén acudiu a familia e os amigos de Déborah. Seguen insistindo en que o xulgado de Tui, que é o instrutor, chame a declarar a persoa cara á que apuntan, din, todas as conclusións policiais.

Se non hai novidades, o 30 de abril a investigación pecharase definitivamente sen resolver e sen culpables porque prescribe o delito, ao facer 20 anos do crime. Só se interrompería a prescrición -deteríanse os prazos legais- se antes de fixese os 20 anos a xustiza citase algunha persoa como investigada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade