Cargando resultados...
Centos de viaxeiros quedan sen bus en Vigo pola folga do transporte urbano
Os traballadores retoman as mobilizacións para instar a empresa a negociar un novo convenio
O comité de empresa cifra o seguimento da folga nun cen por cento
G24.gal
15/05/2023 14:17
Este luns en Vigo tocaba botar man da paciencia para coller un autobús. Case a metade da frota, 49 vehículos, están funcionando en servizos mínimos, a maioría no centro urbano.
Os cidadáns terán que seguir sufrindo os contratempos da folga polo menos ata o 26 de maio.
Despois de meses de mobilizacións, este luns os traballadores percorreron en manifestación distintas rúas ata chegar á Casa do Concello. Alí pedíronlle ao alcalde que medie no conflito para que a concesionaria negocie un novo convenio.
Os traballadores cifran o seguimento da folga nun cen por cento.