Chegan a Galicia os corpos dos mariñeiros falecidos nas illas Seychelles
Os tripulantes do pesqueiro Alcabora Cuatro serán soterrados este sábado

Os corpos dos dous tripulantes falecidos no pesqueiro Albacora Cuatro chegaron esta medianoite a Galicia. Trátase do xefe de máquinas e do primeiro oficial do buque, naturais da comarca do Barbanza. Está previsto que este sábado sexan soterrados en Ribeira e Porto do Son.
Ambos os dous mariñeiros morreron por inhalación de amoníaco tras producírense unha fuga no barco nas illas Seychelles, onde estaban a reparalo. O accidente produciuse o pasado 15 de xuño.
A empresa armadora afirma que lles ofreceu traxes especiais ás autoridades do país para realizaren canto antes as autopsias sen correr riscos, pero rexeitáronllos.
Este pesqueiro, con base en Vigo e unha eslora de 83 metros, fora secuestrado no ano 2000 fronte ás costas de Somalia, cando pertencía a unha compañía vasca.