Cargando resultados...
Peche cautelar dun negocio de hostalería lucense que acumulaba varias denuncias
O establecemento xa fora sancionado en varias ocasións por diversas irregularidades
Os veciños reuniran 2.400 sinaturas para pedir o peche por problemas de convivencia
G24.gal
27/05/2023 20:36
Última actualización 27/05/2023 21:04
Logo de anos de denuncias por varias irregularidades, un local da rúa Tui de Lugo non poderá volver abrir. Un expediente sancionador do Concello decreta o peche cautelar durante doce meses.
Estaba no punto de mira da veciñanza, que reiteradamente solicitara o cesamento da súa actividade porque non cumpría os horarios e xeraba problemas de convivencia.
Chegaron a reunir 2.400 sinaturas pedindo a clausura do local. Agora confían en que a zona recupere o ambiente dun barrio residencial. O peche sabe a vitoria veciñal.