Claudio e Coudet, o reencontro en Vitoria de dous amigos
Os dous adestradores coincidiron durante tres temporadas no conxunto vigués
"Gustábame máis ver o xuvenil de Claudio que o filial", recoñeceu o Chacho Coudet
Un dos alicientes do partido entre o Alavés e o Celta será o reencontro co Chacho Coudet. O arxentino chegou a Vigo en novembro de 2020 en substitución de Óscar García Junyent e co equipo en postos de descenso. Aquela primeira temporada resultou espectacular co equipo ás portas de Europa e coa mellor clasificación da última década.
Na segunda temporada completou todo o ano e acadou a permanencia dun xeito cómodo rematando no duodécimo posto. Na terceira, xa con Claudio como técnico do Celta B, Coudet foi despedido en novembro de 2022 e substituído por Carvalhal.
Os dous adestradores, Claudio e Coudet, profésanse unha admiración mútua e comparten moitos aspectos no seu ideario futbolístico. "É valente, esixente, cun ritmo de xogo moi alto e moi agresivo". Así definiu Claudio a Coudet, outros dos mestres dos que aprendeu antes de coller a remuda no primeiro equipo.