Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un axente cre que o acusado de enviar cartas explosivas á Moncloa sospeitaba que estaba a ser vixiado antes do seu arresto

Un axente cre que o acusado de enviar cartas explosivas á Moncloa sospeitaba que estaba a ser vixiado antes do seu arresto

Comeza na Audiencia Nacional o xuízo contra o home detido por enviar sobres explosivos a Pedro Sánchez e a dúas embaixadas

G24.gal 13/05/2024 14:34

A Audiencia Nacional xulga dende este luns o home acusado de enviar cartas explosivas á Moncloa e a dúas embaixadas, entre outros destinatarios. A Fiscalía pide 22 anos de cárcere para Pompeyo González por varios delitos, entre eles o de terrorismo e fabricación de explosivos.

En 2022, o home, de 74 anos, enviou seis cartas bomba dirixidas a Pedro Sánchez e Margarita Robles, e ás embaixadas en Madrid dos Estados Unidos e de Ucraína, onde resultou ferido o seu responsable de seguridade.

A investigación policial permitiu detelo tras seguir o rastro dos sobres ata o seu domicilio de Miranda de Ebro.

Durante a celebración da primeira xornada do xuízo un dos policías que o detivo declarou que cando o foran arrestar o acusado díxolles: "Confundístesvos, a min gústame a marquetería", para xustificar que no colector do lixo botara durante os días anteriores materiais empregados para elaborar os sobres explosivos.

Tampouco descarta este axente que o acusado se decatase da presenza policial e que pouco antes da detención se desprendese de algo e limpase o piso.

Segundo a súa declaración, o sospeitoso "era moi maniático", sempre tomaba medidas de seguridade e saía da súa casa á mesma hora, ás 9:45, e volvía ás 12:00.

Con todo, o día anterior ao seu arresto fixo "cousas raras", movementos que non eran os habituais, o que lle fai pensar que tratase de eliminar probas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade