Cargando resultados...
Comezan as rebaixas de verán
As grandes cadeas xa comezaron a aplicar os descontos

G24.gal
22/06/2023 08:41
Comezaron as rebaixas de verán nas grandes cadeas comerciais. En Inditex xa comezaron onte os descontos nas aplicacións e páxinas web; hoxe, nas tendas físicas. As reducións de prezos esténdense xa a todas as compañías téxtiles.
Se a semana pasada comezaban en Mango ou Sfera, El Corte Inglés tamén as adianta, sen esperar a xullo como se facía tradicionalmente, e inaugura hoxe tamén os descontos estivais.