Cargando resultados...
Comisan case 4.000 quilos de sardiña no porto de Laxe na inspección a cinco pesqueiros

G24.gal
03/08/2024 11:28
Axentes do Servizo Marítimo Provincial (SEMAR) da Garda Civil da Coruña comisaron 3.736 quilogramos de sardiña no Porto de Laxe tras a inspección das capturas de cinco pesqueiros.
As embarcacións, conforme informa a Garda Civil, pertencen na súa maioría a unha mesma asociación de barcos de Galicia que descargaba as súas capturas no peirao.
Durante a inspección corroboraron que cinco barcos tiña exceso de capturas, 1.190 quilos, 1.081 quilos, 548 quilos, 590 quilos e 327 quilos. As sardiñas aprehendidas destináronas ao Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña.
