Cargando resultados...
Conde urxe o goberno central a axilizar a adxudicación dos fondos Next Generation
G24.gal
12/11/2022 14:11
Última actualización 12/11/2022 14:16
O conselleiro de Industria reclama ao Goberno central que active canto antes os procesos para a adxudicación dos fondos Next Generation aos proxectos presentados dende Galicia. Di que a demora e a falta de concreción poden supoñer a perda de iniciativas importantes no sector industrial galego e pide que se desbloquee a situación canto antes.