A Xunta cifra en 444 millóns ao ano o que perdería Galicia polo financiamento singular de Cataluña
Alfonso Rueda asegura que o acordo entre o PSC e ERC para a investidura de Salvador Illa é "un acordo bilateral entre o Goberno central e Cataluña" que supón un prexuízo para as facendas autonómicas"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou este luns que Galicia perdería 444 millóns ao ano se se materializa acordo alcanzado entre o PSC e ERC, que contempla un financiamento singular para Cataluña.
Así se desprende dun informe elaborado pola Consellería de Facenda que o Goberno galego analizou na última reunión celebrada antes do descanso vacacional.
Rueda referiuse a este pacto como un "acordo bilateral entre o Goberno central e Cataluña" que supón un prexuízo para as facendas autonómicas.
Así o sinala este informe que, dixo Rueda, "pon negro sobre branco as cifras que Galicia deixaría de percibir" mediante este acordo e que ascende aos 444 millóns de euros ao ano, indicou.
O xefe do Executivo autonómico subliñou que este informe realizouse desde un “punto de vista obxectivo e, por tanto, contrastable”.
Segundo o presidente da Xunta 444 millóns por ano que Galicia deixaría de percibir serían consecuencia da caída das achegas de Cataluña ao Fondo de Garantías e pola mingua de recursos do Estado.
A Xunta sostén que Se outras comunidades que achegan máis á caixa común decidisen seguir os pasos de Cataluña a caída de ingresos sería moi superior, ata chegar aos 1.012 millóns ao ano.